A asociación Amado Lar organiza o 3 de setembro a XXVIII Mostra Folclórica do Valadouro. Terá lugar na praza de Santa María ás oito e media da tarde.

A asociación Amado Lar organiza o 3 de setembro a XXVIII Mostra Folclórica do Valadouro. Terá lugar na praza de Santa María ás oito e media da tarde.
 
A asociación Amado Lar organiza para este sábado, día 3, a XXVIII Mostra Folclórica do Valadouro que terá lugar na praza Santa María a partir das 20:30 horas. Actuarán os grupos da Asociación de Bai.le y Música Tradicional La Xordia, de Oviedo; da Sociedade Cultural Airiños dos Carrís, de Cerdido; e do colectivo anfitrión: a Asociación Cultural Amado Lar. O evento foi presentado polas representantes da xunta directiva da asociación Amado Lar Mari Carmen Lorenzo, Esther Cora e Nuria García; o concelleiro de Cultura, Eduardo Chao; e o técnico municipal de Cultura, Juan Novás.
 
A membro da directiva de Amado Lar Nuria García explicou que “é unha mostra que se fai anualmente. Haberá un pasarrúas que se fai desde a Casa da Cultura de Ferreira ata a praza Santa María, que é onde nos xuntamos todos. Este ano somos tres grupos e faremos alí as actuacións”. 
 
Nuria García explica que “tentaremos saír da Casa da Cultura ás oito e sobre as oito e media chegaremos á praza. Empezaremos a actuar as Cantareiras de Amado Lar e despois van os grupos que temos, de Oviedo e de Cerdido. A entrada é de balde e colabora con nós a Concellaría de Cultura do Concello de O Valadouro. Se chove temos previsto trasladalo ao salón de actos da Casa da Cultura”.