A Asociación Burgo de Trasbar, de Cervo, celebrará a festa de Pascua o 27 de marzo. Haberá misa, xantar e baile.

A Asociación Burgo de Trasbar, de Cervo, celebrará a festa de Pascua o 27 de marzo. Haberá misa, xantar e baile.
 
A Asociación de Veciños Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza a Festa de Pascua para este 27 de marzo a partir das 14:00 horas no campo da festa de Trasbar.
 
Os asistentes participarán nun xantar trala misa que será ás 14:00 horas. Haberá sesión vermú e despois do xantar gozarán de baile co dúo Agua Marina. O prezo para os socios é de 12 euros e 15 euros para os non socios. Os nenos de 2 a 12 anos pagarán 7 euros. As persoas interesadas pódense anotar no local social, no correo electrónico da asociación burgodetrasbar@yahoo.es ou comunicándollo a calquera dos socios que compoñen a directiva. O prazo para anotarse remata o día 19 de marzo.