A asociación cultural O Castelo, de Alfoz, organizou un intenso programa de actividades para celebrar a Festa das Letras Galegas.

A asociación cultural O Castelo, de Alfoz, organizou un intenso programa de actividades para celebrar a Festa das Letras Galegas.
 
A Asociación Cultural O Castelo de Alfoz está preparando un acto moi especial para celebrar a Festa das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, que constará de diferentes partes. Para empezar, vén de recuperar o concurso literario "Trulasqui", que organizou hai algúns anos e que se perdera nos últimos. Neste concurso participan rapaces de Primaria e de Secundaria. O acto cultural do día 17 terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz e comezará ás 18,30 horas e nel incluiranse as seguintes cousas.
 
1. Conferencia sobre a vida do escritor galego homenaxeado este ano, Filgueira Valverde. Esta conferencia correrá a cargo do profesor e escritor alfocense Lionel Rexes.
 
2. Xogos infantís, a cargo da animadora ribadense Susana Álvarez.
 
3. Actuación do Grupo Teatral Raiolas, que volverá ós escenarios despois de moitos meses de ausencia, representando a obra titulada "Madia leva!".
 
4. Entrega de premios ós rapaces gañadores do concurso literario "Trulasqui".
 
5. Actuación da Coral de Ferreira do Valadouro, que interpretará varias cancións en galego, rematando cantando entre todos o Himno Galego.