A asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos, de Lourenzá, organiza dous cursiños en decembro: un de postres de Nadal e outro de alimentación saudable.

A asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos, de Lourenzá, organiza dous cursiños en decembro: un de postres de Nadal e outro de alimentación saudable.
 
A asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá organiza unha serie de cursos para os seus asociados que, por primeira vez están abertos ao público xeral, aínda que terán preferencia as persoas que son socias. Os interesados poden anotarse nos números de teléfono 620273283 ou 660141997.
O primeiro dos cursos impartirase no mes de decembro, será os mércores de 19:30 a 22:30 da noite, empezando o día 2. Trátase dun Cursiño de Repostería concretamente de Postres de Nadal: trufas, figuritas con mazapán, panelléts, galletas decoradas, cupcakes … Será catro días e ten un custo de 10 € para as persoas socias e de 15 € para aquelas outras persoas que non pertenzan a Asociación de Amas de Casa. Imprescindible anotarse antes do venres 27. 
 
No mes de decembro, concretamente o martes 15 iniciase a Escola de Alimentación Saudable na que se impartirán sinxelas indicacións para transformar a nosa alimentación nun hábito máis saudable dándose aos asistentes a posibilidade de facer estudios nutricionais. Amais, os asistentes terán unha sesión de spa facial conxunto durante o trimestre que dure o cursiño. Terá unha duración de 14 semanas e realizarase de xeito gratuíto todos os martes de 21 a 22 horas.