A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta a pé por Trabada. Será este sábado, 7 de febreiro.

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta a pé por Trabada. Será este sábado, 7 de febreiro.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha nova ruta a pé por Trabada para este sábado, 7 de febreiro. A andaina partirá ás 9:45 horas do Cantón de Vilanova de Lourenzá e recorrerá unha distancia de 13,5 quilómetros, a través da denominada Ruta do Vento, de Trabada. A dificultade do itinerario será baixa e os interesados poderán anotarse ata mañá xoves, 5 de febreiro, antes das 14:00 horas, nos teléfonos  982 12 10 06 (Pepe) e 626 98 69 40 (Javier).
Os organizadores desta ruta de sendeirismo  informan de que o custe desta actividade será de 20 euros para asociados e 25 euros para non asociados. Ademais, aconsellan aos participantes que acudan con botas de auga e vestimenta adaptada ao frío para facer esta ruta que rematará cunha comida conxunta no restaurante Camiño Norte de Trabada. Aínda que a actividade está organizada pola Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, contará tamén coa participación da Asociación burelesa Pasada das Cabras.