A Casa da Cultura de Burela acolle varias exposicións ata finais deste ano. Ata o 30 de outubro pode visitarse unha de fotografía do Club Imaxe burelés.

A Casa da Cultura de Burela acolle varias exposicións ata finais deste ano. Ata o 30 de outubro pode visitarse unha de fotografía do Club Imaxe burelés.

 

A sala de arte da Casa da Cultura acollerá varias exposición ata finais de ano. Ata 30 de outubro pódese ver unha mostra de fotografía do Club Imaxe de Burela. O horario de visita é de 9 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. Trátase dunha mostra de fotos realizadas polos seus socios. É a 23ª edición, que nesta ocasión está composta de corenta imaxes de Burela e da Mariña.

Do 3 ao 27 de novembro haberá unha exposición de pintura de Yesenia Cao López. E do 1 ao 15 de decembro poderase ver outra mostra de pintura de José Luis Neira Brochs. E do 23 de decembro ao 22 de xaneiro estarán expostas as postais que participen no certame Nadal 2015, segundo informa a Concellería de Cultura, que dirixe José Díaz.