A Casa da Cultura de Burela acollerá música, exposicións e actividades para @s máis pequen@s durante a vindeira primavera.

A Casa da Cultura de Burela acollerá música, exposicións e actividades para @s máis pequen@s durante a vindeira primavera.
 
Música, exposicións e actividades para @s máis pequen@s son algunhas das propostas da programación cultural do Concello burelés para a primavera deste 2015. O calendario de actos foi presentado este mediodía pola concelleira Mónica Pedre e polo alcalde, José Mª González Barcia. Todas actividades serán na Casa da Cultura. 
O 11 de abril ás 17:30 horas a compañía Elefante Elegante porá en escena o espectáculo Lobo Bobo. O 17 de abril ás 20:30 horas haberá un concerto da Coral Polifónica de Burela. O 18 de abril, de novo ás 17:30 horas, os nenos e as nenas poderán gozar unha obra musical con bonecos a tamaño real. A compañía Educa Teatro chega a Burela co espectáculo Os tres porquiños. E o 25 de abril, tamén ás cinco e media da tarde, haberá un contacontos a cargo de Pablísimo, que deleitará ao público con infantil co seu Contiario. 
En maio o día 9 a maxia inundará a Casa da Cultura a partir das 17:30 horas. Máxico Sons é un espectáculo de maxia con música en directo a cargo de Álvaro Muras e Martín Camiña. O 16 de maio ás 20:30 horas celebrarase p XXVII Aniversario e Festival das Letras Galegas a cargo da Coral Polifónica de Burela. E o 30 de maio, ás 21 horas, arrincarán as festas patronais de Burela coa lectura do pregón. 
Mónica Pedre adiantou algunha das actividades previstas para xuño. O 27 ás oito da tarde haberá un concerto especial de jazz para celebrar o quinto aniversario da Burela Blues Band. 
Durante esta primavera a sala de arte da Casa da Cultura acollerá varias exposicións. En abril terá lugar a Semana da Arte Plástica Galega da Mariña, na que se poderán ver traballos dos nenos e nenas dos CEIPs Vista Alegre, Virxe do Carme e Fondo Nois e d@s alumn@s do bacharelato de artes do IES Monte Castelo. E en maio poderase ver unha exposición de pintura de Hipólito Xeada Pena. 
Mónica Pedre anima “a todos os veciños e veciñas de Burela a asistir a algunhas das actividades que organizamos ao longo dos vindeiros meses. Temos propostas para todos os públicos, que agardamos que sexan do seu agrado”.