A compañía malagueña Pata Teatro representará "El árbol de mi vida" este sábado, 2 de abril, na Sala Bahía en Foz.

A compañía malagueña Pata Teatro representará "El árbol de mi vida" este sábado, 2 de abril, na Sala Bahía en Foz.
 
A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza unha representación a cargo da compañía malagueña Pata Teatro, que ofrecerá a obra El árbol de mi vida este sábado, día 2 de abril, ás 18:30 horas na Sala Bahía. Está dirixida ao público infantil, concretamente para nenos e nenas de 6 a 12 anos, e ten unha duración de 60 minutos.
 
Esta obra teatral resultou gañadora dun premio na edición de 2015 da Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas (FETEN), que se celebra en Gijón, e tivo tres nomeamentos nos premios de teatro andaluz do ano pasado.
 
O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero para os menores de 12 anos será de 1,5 euros.