A IV Carreira Popular das Praias celebrarase en Barreiros o vindeiro 8 de maio. As inscricións xa están abertas.

A IV Carreira Popular das Praias celebrarase en Barreiros o vindeiro 8 de maio. As inscricións xa están abertas.
 
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado dos organizadores da proba, José Carlos Díaz, Xoel Díaz Agustín Pérez, Xesús Seivane e Iván Labrada, participaron na presentación da IV Carreira Popular das Praias, a proba parte da iniciativa de diversos grupos de entidades de Barreiros como son Peña Barcelonista San Miguel, Hotel Ría do Masma, Café Bar Moderno, Casa Elena Turismo Rural, Actiboot, Valea Taxi e Pinturas Centeno.
 
A Carreira das Praias do 2016 celebrarase o vindeiro 8 de maio e contará con saída en Punta Anguieira a partir das 11 horas da mañá, que será o momento no que tomen a saída ós participantes das categorías infantís, posteriormente, as 11:45 tomarán a saída os participantes da categoría de adultos, que nesta edición presenta como novidade a posibilidade de escoller entre dous percorridos diferentes, o primeiro percorrido, denominado “L” conta cunha distancia de 11kms ( que é o tradicional das anteriores edicións), namentras que a segunda opción o chamado “XL” ten unha lonxitude de 17 kms, e descurre nas praias de Altar e a de Praia de Arealonga cun percorrido de ida e volta.
 
Antonio Veiga resaltou: “A peculiaridade desta carreira é que a maior parte do percorrido é pola propia area das magníficas praias de Barreiros, polo que a converte nunha espectacular carreira na que o principal obxetivo para os participantes debe ser disfrutar do entorno, xa que correr pola praia non se fai todo-los días e nunha carreira organizada moito menos, pois ésta é unha das poucas que se celebra en Galiza”.
 
As inscripcións están abertas na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com ata o día 5 de maio. As categorías de nenos son gratuitas e os adultos deben abonala cantidade de 5 €.
Outra das novidades desta edición é que neste caso a proba adulta será cronometrada por chip, un paso de calidade na organización, pero sin querer perde-lo espíritu popular desta carreira.
 
A oganización conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros, Agrupación de Protección Civil de Barreiros e varios establecementos e empresas da zona, ademáis de colaborades particulares sen os cales sería imposible a celebración da proba.