A Librería Bahía, de Foz, acolle o 19 de xaneiro a presentación o libro "As contas que nos contan", de Xosé Díaz. Organiza: A Pomba do Arco.

A Librería Bahía, de Foz, acolle o 19 de xaneiro a presentación o libro "As contas que nos contan", de Xosé Díaz. Organiza: A Pomba do Arco.
 
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza para o 19 de xaneiro, a presentación do libro "As contas que nos contan", de Xosé Díaz Díaz. O acto terá lugar na Librería Bahía de Foz ás 20:30 horas.
 
Nesta obra, editada por Sermos Galiza, analízanse as causas e as formas do espolio económico de Galicia. A presentación correrá a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios, presidente da Pomba do Arco, e posteriormente tomarán a palabra Xoán Costa, conselleiro delegado de Sermos Galiza, e o autor, Xosé Díaz Díaz.
 
A Pomba do Arco quere con este acto informar sobre determinados aspectos da realidade económica de Galicia, e de xeito moi particular fornecer elementos de análise que rachen co tópico dunha realidade subsidiada ou necesitada da esmola externa para garantir as necesidades básicas aos seus cidadáns.
 
O autor do libro é o economista ferrolán Xosé Díaz Díaz, quen nos últimos vinte anos se ten dedicado a botar luz sobre algúns destes aspectos e ten analizado as consecuencias para a comarca da Mariña de que empresas como Alcoa tributen en Madrid.
 
A Pomba do Arco quere sumarse deste xeito ao debate social sobre o modelo de financiamento, achegando opinións autorizadas sobre situacións que afectan á calidade de vida e ao benestar dos mariñáns e dos galegos.