A Librería Bahía, de Foz, inaugura o 1 de decembro o formato de encontro con autores e autoras para descubrir as súas obras. O primeiro en acudir será Santiago Jaureguizar.

A Librería Bahía, de Foz, inaugura o 1 de decembro o formato de encontro con autores e autoras para descubrir as súas obras. O primeiro en acudir será Santiago Jaureguizar.
 
A Librería Bahía de Foz, en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco, inaugura o formato de encontro con autores e autoras para descubrir as súas obras.
 
Deste xeito o xoves, 1 de decembro, Santiago Jaureguizar estará na Librería Bahía ás 20:30 horas, para falar da súa última obra titulada Placebo.
 
A acción de Placebo desenvólvese na vila de Ribadeo á que regresa Roi logo de sufrir un grave accidente no que perde a memoria. Reencontrarse cun pasado que non recorda vai ser para el unha fonte de sorpresas. Tamén o vai ser para o lector nesta obra na que nada é o que parece.