A música, o cine e o teatro marcan a programación cultural de Foz para principios de novembro.

A música, o cine e o teatro marcan a programación cultural de Foz para principios de novembro.
 
Un concerto de piano, o ciclo Cine no Cenima e o teatro afeccionado enchen a axenda cultural focense no inicio do mes de novembro, tal e como detallou hoxe a concelleira de Cultura, Silvia Blach.
“O venres 6 de novembro ás 20:30 horas temos no Cenima música, un concerto de piano a cargo de Pedro Abelardo Rodríguez Pérez. A entrada é gratuíta e animamos a todos que vaian escoitar ese gran concerto de piano que imos ter alí”, anunciou a edil, quen engadiu que “o domingo 8 de novembro ás 18 horas temos teatro en Cordido, no local do centro cívico e con entrada gratuíta. Pertence ao terceiro Ciclo de Outono de Teatro das Parroquias. Vai participar o grupo de teatro O Batán coa obra Igualdade Virtual. É unha comedia moi entretida e animamos a todos a que vaian ver a obra”.
Silvia Blach tamén deu a coñecer que “ o xoves 12 ás 20:30 horas temos cine no Cenima outra vez, dentro do ciclo de cine que estamos proxectando estes días . Teremos As altas presións, unha película do 2014 dirixida por Anxo Santos Touza, que fala dun home que volta ao seu lugar natal, a Pontevedra, para buscar localizacións para unha película e reencontrase cos seus coñecidos, coa súa xente, e parece que deixa un pouco de lado o seu traballo para centrarse máis na xente que estaba ao seu arredor durante toda a vida. A entrada son 3 euros de nada. Abrimos a taquilla ás 20 horas e ás 20.30 horas realizamos  a proxección”, explicou a concelleira.