A Pomba do Arco, de Foz, organiza a presentación do libro "A Candidata", de Miguel Sande, o 26 de xaneiro na Librería Bahía.

A Pomba do Arco, de Foz, organiza a presentación do libro "A Candidata", de Miguel Sande, o 26 de xaneiro na Librería Bahía.
 
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 26 de xaneiro, ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do  libro “A Candidata”, obra que mereceu o Premio Manuel García Barros de Literatura e que ven de ser publicado  pola Editorial Galaxia. A presentación da obra correrá a cargo do seu autor Miguel Sande, que estará acompañado polo presidente da Pomba do Arco, Xoán Ramón Fernández Pacios.
 
A novela de Miguel Sande está a recibir un moi boa reposta por parte da crítica e do publico, do que dá conta as súas propias vendas, até o punto de aparecer como un dos libros galegos máis vendidos do último trimestre. Asemade o blog cultural Biosbardia cualificouna como “a novela destacada do ano 2016”, situándoa a “Tabela dos libros”, recomendación mensual de libros efectuada por 5 dos máis importantes críticos de Galicia, como un dos libros recomendados para xaneiro de 2017.  
 
Miguel Sande, autor moi vinculado á Mariña, onde traballa como delegado da edición comarcal do xornal “La Voz de Galicia”, é un recoñecido  escritor galego cuxa obra mereceu premios literarios como o Premio de teatro Rafael Dieste, o Premio Repsol de narrativa breve ou este mesmo ano o Premio García Barros ou o Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca. Asemade a súa obra dramática foi posta en escea ao longo de toda Galicia.