A Pontenova acollerá este sábado, 4 de abril, a presentación do libro "A Casa do Vapor", realizado por pícaros de catro municipios. É o resultado dun proxecto deseñado pola cooperativa ribadense MauMarela.

Este sábado, 4 de abril, terá lugar na Pontenova a presentación do conto A Casa do Vapor, realizado por pícaros de catro municipios. O acto será ás 19:30 horas na Casa da Estación (actual oficina de turismo). 
A Casa do Vapor é un libro despregable que recolle debuxos e textos elaborados polos pícaros de A Pontenova, San Tirso, Abres e Ribadeo, aos que se lles pediu que imaxinasen qué ocorrería se o antigo tren de Vilaoudriz a Ribadeo volvese funcionar.
O acto contará coa presenza do alcalde, Darío Campos, e entregarase un libro a cada participante. Tamén seexporán os traballos realizados polos pícaros durante os obradoiros artísticos.
O libro é resultado dun proxecto cultural deseñado pola cooperativa ribadense Mau Marela en colaboración cos Concellos de A Pontenova, San Tirso de Abres e Ribadeo, ademais da AMPA do CRA “Ría del Eo” de Abres (Vegadeo). A impresión do libro contou co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.