A programación cultural de Foz para os próximos días inclúe teatro nas parroquias, charlas médicas, unha exposición no Cenima e certames.

A programación cultural de Foz para os próximos días inclúe teatro nas parroquias, charlas médicas, unha exposición no Cenima e certames.
 
A concelleira de Cultura de Foz, Silvia Blach, deu conta esta mañá das actividades culturais das que poden gozar os veciños e visitantes do municipio durante os próximos días. Inclúen propostas como teatro, exposicións, un certame de postais de Nadal e a continuación das charlas médicas iniciadas o pasado xoves. 
“Mañá, día 19, seguimos coas charlas médicas, que xa comezamos o xoves da semana pasada. É as 20 horas na Casa da Cultura e falaremos dos coidados ao final da vida, os coidados paliativos. Para iso imos ter á doutora Belén Fra e á enfermeira Mar Pérez, que nos falarán do que hai que facer. Teremos unha quenda de preguntas para que a xente poida formularllas aos facultativos e lles expliquen todas as súas dúbidas”, comentou a concelleira Silvia Blach.
As actividades continúan este venres, 20 de novembro. “Ás 21 horas teremos teatro nas parroquias, esta vez en Santa Cilla, no local social. A obra vaina realizar o grupo de teatro O Centiño e vai ser O caldeiro máxico”, detalla a edil.
O sábado, 21 de novembro,  a Sala Bahía acollerá o tradicional concerto de Santa Cilla da Banda de Música de Foz. O recital, que conmemora o día da patroa dos músicos, terá lugar ás 20:30 horas.
O día 26 celebrarse a última charla médica do ciclo organizado polo Concello e o Hospital da Costa, que abordará o tema da automedicación, Impartirá a última conferencia Concepción Castro, especialista en farmacia hospitalaria.
Ao día seguinte, o venres 27, o Cenima acolle a partir das 20 horas o concerto do Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro.
Silvia Blach aproveitou a ocasión para lembrar outras tres actividades en marcha estes días no municipio: “temos ata finais de mes no Cenima a exposición Or@perucita; está aberto no Concello o concurso de postais ata o día 26, no que todos os pícaros que queiran participar poder facer o seu debuxo e a postal gañadora vai ser a que o Concello de Foz envíe como felicitación este ano; e xa está aberto o prazo para presentarse ao Rei ou Raíña do Entroido ata o día 23 deste mes e os que queiran simplemente teñen que enviar dúas fotos recentes e un pequeno escrito onde se nos diga por que queren ser Reis ou Raíñas do Entroido e que significa para eles”, concluíu a concelleira.