A programación cultural e deportiva do Concello de Mondoñedo para este Nadal esténdese ata o 8 de xaneiro.

A programación cultural e deportiva do Concello de Mondoñedo para este Nadal esténdese ata o 8 de xaneiro.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo deu a coñecer a súa completa programación cultural e deportiva para este Nadal, que se estende ata  8 de xaneiro. 
 
A alcaldesa, a popular Elena Candia, anima ademais a todos os mariñáns de concellos próximos a achegarse á cidade “e mercar no noso comercio”, ao tempo que lles lembra aos veciños e veciñas da localidade que pensen en Mondoñedo para as compras que se realizan por estas datas, así como en desfrutar da hostalería local.
 
O díptico informativo sobre a programación cultural e deportiva de Nadal inclúe un listado con máis de cen establecementos e referencias nas que poder facer compras e adquirir agasallos. 
Máis polo miúdo
 
O pasado venres día 16 arrancou a programación de Nadal coas XVI Xornadas mindonienses de arqueoloxía, que se van desenvolver na Casa da Xuventude desde as 16:30 horas. E o sábado día 17 de decembro Motoclub N-634 organizou unha Papanoeladamotera na Praza do Concello a partir das 16:00 horas. Ás 21:00 horas no Auditorio municipal Pascual Veiga a compañía Teatro O Bordelo de Cervo puxo en escea Xubilando, co que se pon fin ao ciclo de teatro dedicado a Manuela Rei.
 
O 22 de decembro será a quenda do Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música, no auditorio municipal ás 20:30 horas.
 
O 23 de decembro a Casa da Xuventude acolle a partir das 18:00 horas o Obradoiro de sombras chinas ‘As nosas historias’ pensando para nenos e nenas de 4 a 8 anos de idade. 
 
O 27 de decembro a Casa da Xuventude será o escenario ás 19:00 horas da actuación do mago Pi e Senín, que ofrecerá un espectáculo de maxia.
 
Toxiza Club de Montaña presentará o día 29 a carreira de montaña ToxizaClassicXtreme no auditorio municipal ás 21:00 horas.
 
O día 30 de decembro os nenos e nenas a partir de dous anos poderán asistir na Casa da Cultura ás Canatarolaspraxentemiúda con Senén Vaamonde e dous representantes do grupo A Roda. Unha actividade que achega a Mondoñedo a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que terá lugar ás 19:00 horas.
 
O 31 de decembro a alcaldesa presidirá a entrega de premios do concurso de fotografía Recunchos de Mondoñedo no salón de plenos da Casa do Concello ás 12:30 horas. Tamén se aproveitará o acto para presentar o calendario oficial de Mondoñedo 2017 coas fotos gañadoras do certame.
 
Xa en 2017, o 4 de xaneiro, haberá unha charla coloquio da Asociación Somos Unidos por Cáncer. Ás 20:00 horas no centro comarcal de Mondoñedo.
 
O 5 de xaneiro haberá unha cabalgata de Reis cun percorrido polas principais rúas da cidade coa recepción ás Súas Maxestades no auditorio municipal a partir das 19:30 horas. Unha hora máis tarde o auditorio acolle a actuación de Paisasopiruleta&Cía ‘A biblioteca máxica especial Nadal’.
 
O 7 de xaneiro ás 12:45 horas no salón de plenos da Casa do Concello farase a entrega de premios do V Concurso de poesía Manuel Leiras Pulpeiro. A partir das 19:00 horas o aparcamento dos baixos da Praza JaimeCabot acolle o sorteo da campaña de Nadal de ACIAM, organizado pola asociación.
 
E o día 8 será a quenda da gala benéfica ‘Mondoñedo con la moda y tú contra el cáncer infantil’, que presentarán Lucía Pérez, Óscar Novo e Gemma Pardo. No auditorio Pascual Veiga ás 19:00 horas. O diñeiro que se recade será empregado para a investigación oncolóxica. A entrada ten un prezo de 18 euros.
 
Campamentos de Nadal
Esta programación complétase con tres campamentos. O primeiro deles organizado pola ANPA do CEIP Álvaro Cunqueiro. Un segundo do CD Lugo do 2 ao 5 de xaneiro e un campamento de Nadal na Natureza que organiza a Asociación Deportiva Salto do Coro.