A sección de vento madeira da Banda Municipal de Música de Ribadeo xunto con Clarinet Connection actuarán o 14 de agosto nas inmediacións do parque de San Francisco.

A sección de vento madeira da Banda Municipal de Música de Ribadeo xunto con Clarinet Connection actuarán o 14 de agosto nas inmediacións do parque de San Francisco.
 
A sección de vento madeira da Banda Municipal de Música de Ribadeo xunto co grupo Clarinet Connection actuarán este venres, día 14, nas inmediacións do parque de San Francisco. O concerto, dirixido por David Ballester Martínez, será ás dez e media da noite. Forma parte do ciclo Agosto Musical 2015, organizado pola asociación Amadores da Música.
David Ballester explicou que “a idea do concerto é mostrar o traballo da sección de vento madeira. Tocarán primeiro os instrumentos por separado: clarinetes, frautas, óboes, saxos e fagots. E despois remataremos o concerto cunha interpretación de todos xuntos con arranxos feitos por nós. Esperamos que a xente se achegue este venres ás dez e media da noite para poder gozar da sección de vento madeira da Banda”.