A VI carreira popular Val das Fabas terá lugar en Lourenzá o 3 de outubro. Haberá trofeos, medallas, camisetas e bolsas de fabas para os premiados.

A VI carreira popular Val das Fabas terá lugar en Lourenzá o 3 de outubro. Haberá trofeos, medallas, camisetas e bolsas de fabas para os premiados.
 
A VI carreira popular Val das Fabas terá lugar en Lourenzá o 3 de outubro. Os participantes poderán elixir entre dous percorridos A Verdina (7 quilómetros) ou A Galaica (14 quilómetros).
Haberá varias probas. Ás 16:30 horas sairán os pitufos, que farán 150 metros. Os prebenxamíns sairán ás 16:40 horas e percorrerán tamén 150 metros. Ás 16:50 horas será tempo para os benxamíns, que farán 450 metros. Ás 17:00 saíran os alevíns, que percorrerán 700 metros. Ás 17:10 será a quenda dos infantís, que realizarán un percorrido de 1.400 metros. A Verdina (7.000 metros) sairá ás 17:30 horas ao igual que A Galaica (14.000 metros).
Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para as categorías menores. Así coma regalo de camiseta técnica.
Os interesados en participar poden inscribirse en www.championchipnorte.com
A VI carreira Val das Fabas está organizada polo Concello e polas Escolas Deportivas. Conta co patrocinio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e Coca Cola. Varias firman colaboran co evento.