A Volta Ciclista a España cruzará Burela o vindeiro 24 de agosto a partir das 13:30 horas. Entrará na vila pola estrada provincial que une a localidade con San Ciprián.

A Volta Ciclista a España cruzará Burela o vindeiro 24 de agosto a partir das 13:30 horas. Entrará na vila pola estrada provincial que une a localidade con San Ciprián.
 
A Volta Ciclista a España cruzará toda a vila o vindeiro día 24. O horario previsto é para as 13:30 horas e entrará en Burela pola estrada de San Ciprián.
 
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, dixo que “a etapa vai comezar en Viveiro e vai cruzar moitos concellos da Mariña”.
 
O rexedor burelés asegurou: “estou moi satisfeito como alcalde de Burela porque a nosa reclamación foi desde un principio que a Volta pasase pola nosa vila xa que sabíamos que ía pasar pola Mariña. Queríamos que cruzase o noso concello e a nosa vila. Ademais logramos que sexa por unha zona cun percorrido que vai favorecer moito á espectacularidade da Volta”.
 
Alfredo Llano subliñou que “imos poder observar case en primeira liña a todos os corredores que pasen nesta volta ciclista. Por Burela vai pasar entre a unha e media e as dúas da tarde. Van vir pola estrada da costa desde San Ciprián, pola praia de A Marosa, a do Cabaliño e entrará pola Avenida da Mariña, despois toda a Avenida de Arcadio Pardiñas ata que salgan pola recta de Marzán para enlazar coa N-642”.
 
O alcalde engadiu que “penso que é un bo recorrido aquí en Burela, con este trazado penso que é moito máis bonito e agradable para aqueles que queiramos gozar da Volta Ciclista e ademais poidamos ver todo o paso de moitos corredores polo noso pobo dado que recorren por un bo tramo da nosa vila”.
 
O rexedor burelés dixo que “por fin logramos o que queríamos nesta Volta que ten que ser de por si de vistosidade total para a xente que é moi afeccionada ao ciclismo e aquela que non tamén porque pode ter a oportunidade de ver cómo é en directo unha volta ciclista. Nosoutros neste Concello estamos satisfeitos con este trazado e é moi de agradecer que se pensara desta maneira no traxecto que nos dan e que poidamos gozalo o 24 de agosto a partir das 13:30 horas”.
 
O alcalde de Burela asegurou que “estamos a disposición da organización, está traballando intensamente a Guardia Civil de Tráfico, e nosoutros imos mirar qué o que se nos pide para tratar de que estea todo en orden, procurar que todo salga moi ben e colaborar coa mellor disposición para que todo sexa un éxito”.
 
Alfredo Llano convida “a todo o mundo a que teña a Burela como un destino onde pode apreciar perfectamente o que é a Volta Ciclista a España este ano 2016”.