Aberta a inscrición para participar no Día do Xubilado, que organiza o Concello burelés. Será o 8 de maio e haberá servizo de autobús para trasladar aos asistentes ata o pavillón municipal.

Aberta a inscrición para participar no Día do Xubilado, que organiza o Concello burelés. Será o 8 de maio e haberá servizo de autobús para trasladar aos asistentes ata o pavillón municipal.
 
Hoxe, luns, ábrese o período de inscrición para participar no Día do Xubilado, que organiza o Concello burelés. 
 
A edil de Servizos Sociais, Patricia Otero, explica que “esta celebración, que será o 8 de maio, dará comezo ás 12:30 horas na Casa da Cultura coa recepción ás/aos xubiladas/os asistentes, para posteriormente celebrar o xantar, ás 14:30 horas no pavillón municipal”. A concelleira socialista subliña que “ata esta instalación municipal, aquelas persoas que o precisen ou así o decidan, poderán subir no servizo de autobús que se habilitará”.
 
Otero engade que “a inscrición e retirada de tíckets será nas Oficinas de Información da Casa do Concello e para calquera información ou aclaración, as/os interesadas/os, poden chamar ao seguinte número de teléfono 982.58.06.09”.