Aberto o prazo para anotarse nos diferentes cursos que organiza a Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos, de Lourenzá.

Aberto o prazo para anotarse nos diferentes cursos que organiza a Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos, de Lourenzá.
 
A Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá abre o prazo para anotarse nos diferentes cursos que organizará nas vindeiras semanas.
 
O primeiro deles comezará despois da Semana Santa e será de bordado. Terá lugar os mércores de 16 a 19 horas, durará trinta horas e o seu custe será de 30 euros. Estará impartido por Marina Abad. 
 
No mes de abril haberá dous cursos, un de bolillos e outro de restauración de mobles. O de bolillos que impartirá Mari Luz Balea, durará trinta horas e custará 20 euros. O de restauración de mobles, que impartirá Esther de La Herencia, durará tamén trinta horas e o seu custe será de 50 euros. 
 
Durante o mes de maio están programados outros dous cursos. Un deles será un obradoiro de maquillaxe impartido por Remey Mora todos os luns. Será de dúas horas ao día e o prezo de 15 euros incluído o material agás brochas e pinceis. Tamén en maio haberá un curso de oleo impartido por Ángel Carregal os xoves de 16:30 a 19:30 horas e durará trinta horas. 
 
As persoas que non son socias terán que pagar 5 euros máis e os interesados poden anotarse contactando con calquera das directivas ou a través do facebook da asociación con data tope o día 25 do mes anterior.