Acia Burela sortea un bono de 500 euros para unha viaxe dentro da campaña do día da nai. O eslogan elixido é "Mamá elixe o destino".

Acia Burela sortea un bono de 500 euros para unha viaxe dentro da campaña do día da nai. O eslogan elixido é "Mamá elixe o destino".
 
Os comercios de ACIA Burela levan a cabo a campaña con motivo do Día da Nai.
 
Baixo o lema "Mamá elixe o destino" sortearán un bono de 500 euros para 1 viaxe. Esta campaña desenvólvese do 18 ao 30 deste mes de abril e os clientes recibirán coas súas compras, participacións para entrar no sorteo da viaxe.
 
ACIA Burela continúa deste xeito coas súas iniciativas para promocionar e impulsar o comercio na localidade diante desa data tan sinalada no calendario comercial como é o Día da Nai, o primeiro domingo de maio.