Amigos de RegalXunqueira realizará un roteiro entre Lago e Burela este sábado, 11 de xuño. A actividade é pública.

Amigos de RegalXunqueira realizará un roteiro entre Lago e Burela este sábado, 11 de xuño. A actividade é pública.
 
A asociación cultural Amigos de Regalxunqueira organiza para o 11 de xuño o carto roteiro entre Lago e Burela.
 
Este roteiro partirá da estación de FEVE de Viveiro ás 10:00 da mañá con dirección a Lago e dende alí os participantes cubrirán a pé a ruta entre Lago e Burela. Os lugares polos que discorre este carto roteiro son Vilar, Alcoa, Lieiro, San Ciprián, A Veiga, Pazo dos Pedrosa, Fontao Rueta, A Marosa, Cabo Burela, Ensenada do Portelo, Porto e Burela. Haberá unha comida colectiva na que cada un pagará o seu. A volta en tren ata Viveiro será ás 7:00 horas.
 
Esta actividade é pública e non se precisa ser socio para participar nela.