As Noites Alternativas organizadas polo Concello de Cervo desenvolveranse ata o 19 de agosto. Son actividades gratuítas dirixidas a maiores de 8 anos e rapaces.

As Noites Alternativas organizadas polo Concello de Cervo desenvolveranse ata o 19 de agosto. Son actividades gratuítas dirixidas a maiores de 8 anos e rapaces.
 
O programa de actividades por nenos e nenas maiores de 8 anos e rapaces denominado Noites Alternativas, que organiza o Concello de Cervo, empeza hoxe e desenvolverase ata o 19 de agosto. Foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez; a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez; e o coordinador das actividades, Iván García.
 
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, explicou que “un ano máis o Concello de Cervo aposta polo deporte e actividades de verán para os nosos mozos e mozas. Despois destes últimos anos, nos que as actividades de verán denominadas Noites Alternativas foron un éxito de participación, volta a organizar actividades gratuítas para os nosos nenos e mozos durante os meses de xullo e agosto, que se desevolverán en San Ciprián e Cervo. Darán comezo hoxe, día 11 de xullo, para rematar alá polo 19 de agosto. Máis dun mes cheo de diferentes actividades para os xóvenes do noso concello e todos aqueles que se queiran achegar ao municipio a gozar destas actividades, todas elas gratuítas”. 
 
Soto especificou que “o programa comezará hoxe en San Ciprián co Día do Patín, continuando ó día seguinte cunha noite de orientación, que serve ademais de para divertirse para que os participantes coñezan algo máis o noso pobo; o día 13 teremos xogos e actividades en Cervo, continuando rutas de kaiaks, volei praia, fútbol praia, fútbol sala 3x3, baloncesto 3x3 e un campionato de pádel que se celebrará nas novas pistas que fixo o Concello nas instalacións deportivas da Veiga. Todas as actividades serán de carácter gratuíto e terán como escenario San Ciprián, Cervo, a praia do Torno, a Praza dos Campos e as pistas de pádel, no complexo deportivo de A Veiga. As inscricións poderán realizarse antes de comezar cada unha das actividades no lugar de celebración das mesmas”. 
 
O concelleiro de Deportes rematou comentando que “o obxectivo do Concello de Cervo e seguir a traballar polo benestar non só dos mozos do noso concello senón tamén de todos aqueles que se queiran acercar ó municipio a gozar destas actividades”.