As Tixolas (Covas-Viveiro) é o único restaurante "contra el hambre" na Mariña. A campaña é a maior iniciativa solidaria da hostelería en España.

As Tixolas (Covas-Viveiro) é o único restaurante "contra el hambre" na Mariña. A campaña é a maior iniciativa solidaria da hostelería en España.
 
A campaña “Restaurantes contra el Hambre” é a maior iniciativa solidaria da hostelería en España, promovida por Acción contra el Hambre en colaboración coa Federación Española de Hostelería. O único restaurante na Mariña de Lugo que participa nesta edición é As Tixolas (Covas-Viveiro), mentres que de toda a provincia de Lugo son tres os restaurantes adheridos.
O menú solidario que ofrece As Tixolas consta de 5 pratos, postre, café de pota, chupito e cañita rechea de crema, todo por 19 euros. O menú, que se renova cada poucas semanas, consta agora mesmo de Cigaliñas con aceite de allo e perexil, Tallaríns de luras salteados con langostinos, Cogomelos á prancha con xamón, Tixoliña de ovos rotos con raxo e pementos, Meixela de boi estufada ó Mencía, Flan de queixo con xelado de turrón, Café de pota, Chupito e Cañita rechea de crema.
A campaña, que se ven celebrando nos meses de setembro, outubro e novembro desde 2010, remata o vindeiro 15 de novembro. Os hostaleiros únense deste xeito para loitar contra a desnutrición infantil, servindo “os pratos que máis alimentan”, xa que por cada menú vendido una parte (de 0,50€ a 2€, segundo o importe do menú) destínase a Acción contra el Hambre para a prevención, diagnóstico e tratamento da desnutrición.
“Pode parecer unha cantidade pequena, pero gracias a esta iniciativa na campaña do ano pasado recaudáronse en toda España 125.000 euros, con pequeñas aportacións prato a prato”, asegura José Manuel Vázquez, responsable do restaurante As Tixolas, que leva colaborando xa cinco anos con esta iniciativa solidaria.
Segundo datos de Acción contra el Hambre, esta cifra tradúcese por exemplo na cesta da compra mensual para 5.000 familias ou o tratamento médico e nutricional para máis de 2.000 nenos con desnutrición aguda.
Os clientes teñen tres formas de contribuir coa campaña: degustando o menú solidario en As Tixolas, realizando un donativo nas huchas instaladas no local ou enviando un SMS coa palabra HAMBRE ao 28010.