Burela acollerá do 31 de xullo ao 2 de agosto a décimo terceira edición de Produart, a feira de produtos artesanias e ecolóxicos. Na mesma daranse cita arredor de 70 expositores.

Burela acollerá do 31 de xullo ao 2 de agosto a décimo terceira edición de Produart, a feira de produtos artesanias e ecolóxicos. Na mesma daranse cita arredor de 70 expositores.
 
A nave de redes acollerá do 31 de xullo ao 2 de agosto a décimo terceira edición de Produart, que organiza a Fundación Expomar. A feira tamén foi presentada hoxe. O alcalde burelés, Alfredo Llano, subliñou a calidade dos expositores, preto de 70 se darán cita nesta décimo terceira edición: “trátase de expoñer produtos que sexan bos para a saúde, bos de producir, sostibles para o medio ambiente. Vai haber produtos ecolóxicos de diferentes fórmulas alimentarias, pero tamén haberá artesanía e produtos para empregar tanto na vivenda como en xardíns, todo considerado mediaombientalmente sostible. É unha forma de dar a coñecer artigos que son respectuosos co medio ambiente e que encima aforran enerxía e abaratan o recibo da luz todos os meses”. En Produart haberá: queixos, viños, doces, embutidos, comercio xusto, aceites, algas, conservas, cremas e xabóns, coiro, prata, cerámica, teares, roupa ecolóxica, etc… así como enerxías alternativas. 
 
Alfredo Llano engadiu que “dunha maneira ou doutra van encher o recinto feiral que vai estar no local da nave de redes. A feira vai estar aberta tres días. Inaugurarase o venres pola tarde e despois vai estar aberta ese mesmo venres, o sábado todo o día e o domingo pola mañá”. E animou “a toda a xente que queira participar, contribuír, ver e mercar algo que realmente mereza a pena que  se achegue a Produart”. 
A feira dos produtos artesanais e ecolóxicos ocupará unha superficie de 2.000 metros cadrados. Produart abrirá as portas o 31 de xullo ás 17:30 horas e a inauguración será ás 19 horas. Correrá a cargo do alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano. É esta fundación a organizadora de Produart.