Burela celebra o día da biblioteca o 24 de outubro con Magín Blanco e os seus "Libros en-cantados". Será na Casa da Cultura con entrada libre.

Burela celebra o día da biblioteca o 24 de outubro con Magín Blanco e os seus "Libros en-cantados". Será na Casa da Cultura con entrada libre.
 
O vindeiro 24 de outubro é o día da Biblioteca, “co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas, a Biblioteca de Burela únese a esta data co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos , para elo contaremos este día coa actuación de Magín Blanco e o seu espectáculo  Libros en-cantados”.
Desde a Biblioteca de Burela sinalan que “un ano máis e dentro do programa de Ler conta moito que a Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pon a disposición das Bibliotecas Galegas unhas actividades de dinaminación da lectura, e nós contaremos con Magín Blanco e as súas historias”. 
Nesta ocasión Magín Blanco: creador de A nena e o grilo, A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo  e outras moitas composicións que forman parte de propostas musicais para público infantil como Maria Fumaça e Rosalía Pequeniña interpretará en directo unha selección dos temas para público infantil que el mesmo compuxo acompañados dunha narración , que ó igual que sucede nas súas publicacións constrúen unha narración de cancións e contos. O formato que nesta ocasión empregará Magín é un contacontos musicado en onde as letras das cancións e as súas introducións son as que marcarán o ritmo da actividade. Se coa edición dos libros pretendemos estimular a curiosidade e a creatividade. Neste directo as cancións e os contos abrirán as portas para que poidan crear o seu propio universo e achegarse ás historias dende a perspectiva do autor, ó tempo que comparten con el os espazos propios dos libros e nos que tamén a música ten un lugar.
O acto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura este sábado, 24 de outubro, ás 17:30 horas. A entrada será libre.