Burela celebra o día do libro cunnha mostra de fondos dedicados ao público infantil. E o sábado, 25 de abril, Os Contos de Pablísimo ofrecerán un espectáculo na Casa da Cultura.

Burela celebra o día do libro cunnha mostra de fondos dedicados ao público infantil. E o sábado, 25 de abril, Os Contos de Pablísimo ofrecerán un espectáculo na Casa da Cultura.
 
Con motivo da celebración do Día do Libro o mañá, 23 de abril, na Biblioteca Pública Municipal de Burela, inaugurarase unha mostra bibliográfica de distintos fondos dedicados ao público infantil. Os fondos poderán contemplarse en horario de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres.
Desde a Concellería de Cultural lembran que “o 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, no 1616, finou Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. O 23 de abril é tamén a data de nacemento doutros grandes autores, Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo. Por elo o 23 de abril foi elixido pola Unesco como o Día Mundial do Libro”.
Asemade , e como remate do mes do libro, a Delegación de Cultura a través da Biblioteca Pública ,e dentro do programa Ler Conta Moito de dinamización das bibliotecas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura ofrécenos o espectáculo Contiario da Cía. Os Contos de Pablísimo, será o vindeiro sábado, 25 de abril, ás 17:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre.
Esta sesión familiar de contacontos é unha colección de relatos que amosan a grade variedade, orixinalidade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral. O obxectivo é espertar a curiosidade polos libros, por “mergullarse” nas estanteirías da biblioteca e dar a coñecer os contos tradicionais e máis os contemporáneos. Os Contos de Pablísimo é unha Cía. especializada en contacontos, teatro de animación e teatro infantil. Os seus espectáculos toman sempre como base a literatura infantil a tradición oral e o teatro. Fundada no ano 2001, leva producidos máis de 20 espectáculos mesturando neles monicreques, música en vivo teatro de sombras, vídeo , narración oral... e ten participado en diferentes mostras e festivais.