Burela conmemora o Día Internacional do Deporte a vindeira semana con diversas actividades, entre as que destaca a carreira solidaria "Gotas para Níxer", que terá lugar o día 10.

Burela conmemora o Día Internacional do Deporte a vindeira semana con diversas actividades, entre as que destaca a carreira solidaria "Gotas para Níxer", que terá lugar o día 10.
 
O Concello conmemorará por primeira vez o Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz que se celebra o día 6 de abril. O programa de actividades que se desenvolverán do 6 ao 10 deste mes foi presentado hoxe en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, e o alcalde, Alfredo Llano, así como representantes das firmas colaboradoras. 
 
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, explicou que “desde o Concello de Burela decidimos celebrar cun programa amplo de actividades o Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz, que se conmemora o 6 de abril. Quixemos darlle relevancia a este día posto que o noso é un concello novo no que a actividade deportiva é unha cousa moi importante e quixemos darlle relevancia a ese día facendo unha serie de actos tanto ese día como en xornadas posteriores”.
 
As actividades comezarán o 6 de abril cunha charla sobre Alimentación na infancia  que ofrecerá a nutricionista Alba Vila no CEIP Virxe do Carme e o CEIP Vista Alegre ás 9:00 horas e ás 14:00 horas, respectivamente. Tamén o mércores, día 6, haberá unha charla-coloquio co osteópata-fisioterapeuta David Mariña a cerca da Nutrición no Deporte, será no salón de conferencias ás 20:00 horas.
 
O xoves, 7 de abril, está proxectado un circuíto deportivo Escola Infantil de dez da mañá á unha do mediodía co que colabora o CD Burela FS Pescados Rubén.
 
As actividades continuarán o venres, día 8, cunha charla titulada Seguridade Vial impartida pola Policía Local de Burela no IES Monte Castelo de 9:20 ás 10:10 horas, e no IES Perdouro de 13:10 horas a 14:00 horas. Ademais ese día haberá zumba na praza da Mariña de 17:30 horas a 19:30 horas e un debate baixo o título Presente e Futuro do Deporte en Burela ás 20:00 horas no salón de plenos do Concello. Participarán o CD Burela FS Pescados Rubén, SD Burela, AFD Porto de Burela e Club Baloncesto Burela e estará moderado por Xavier Lombardero, director de El Progreso A Mariña.
 
O sábado, día 9, haberá spinning na praza do Concello en tres sesións de vinte minutos cada unha delas ás 11:30 horas, 12:00 horas e 12:30 horas. Ese día ademais celebrarase o partido de fútbol sala feminino de Primeira División entre o CD Burela FS Pescados Rubén e Universidad de Alicante. Será no pavillón Vista Alegre ás 18:30 horas e á cita acudirán un grupo de escolares de Burela para animar ás xogadoras do equipo local.
 
As actividades rematarán o domingo, día 10, coa carreira solidaria Gotas para Níxer. Sairá ás doce do mediodía da praza do Concello e a inscrición poderá facerse a partires das once da mañá. Cada participantes doará 1 euro. O Concello organiza esta actividade en colaboración con UNICEF e o percorrido será con saída e chegada á praza do Concello por Rosalía de Castro, Rúa da Lamestra e Emilia Pardo Bazán. Ese mesmo domingo haberá multideporte nas prazas do Concello e da Mariña entre as 16:00 horas e as 20:00 horas.
 
Os edís de Deportes e de Medio Ambiente animan a toda a poboación de Burela a participar neste programa de actividades do Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz.