Catro series da obra de Celso Dourado poderanse ver no Cenima de Foz do 8 ao 29 de abril na Semana das Artes Plásticas na Mariña, na que tamén se dan cita outros cinco artistas da comarca.

Catro series da obra de Celso Dourado poderanse ver no Cenima de Foz do 8 ao 29 de abril na Semana das Artes Plásticas na Mariña, na que tamén se dan cita outros cinco artistas da comarca.
 
O artista barreirense Celso Dourado participará na Semana das Artes Plásticas na Mariña. A exposición será inaugurada no Cenima de Foz este venres, día 8, xunto a outros seis creadores mariñáns. Esta mostra colectiva poderase visitar ata o 29 deste mes. 
 
Celso Dourado explicou que “a exposición denominada Seis diálogos para educar  reflexa un pouquiño o traballo de seis artistas entre os cales estou. Podo citar que forman parte do elenco tamén David Catá, Héctor Manasé, Alberto Pena, Mauro Leivas e Raimundo Rubal”.
 
Dourado contou que “eu presento catro series da miña obra. Son botánica, relacionada cun tratamento subreal do que é a botánica en si; retratos, unha interpretación persoal do que é o tema do retrato; mímica, é un xogo coas mans que é un motivo moi referencial da miña obra; e Anatomías que reflexan distintas partes do corpo cun tratamento moi persoal. Isto forma parte dun proxecto que é a miña utilización da cor sobre a obra que estou a facer”.
 
O artista barreirense dixo que “botaron man de min como parte representativa da Mariña e para min é importante porque me permite nunha sala tremendamente ampla, moi diáfana, expoñer unha obra que hai que vela no seu conxunto. Foi unha experimentación ao longo de varios anos, practicamente desde o 2010, o que é o tratamento da cor, lograr a transparencia na cor. Vaise ver unha mostra onde esa aplicación da cor é un fito para min, na miña obra, verdadeiramente orixinal. É unha labor de traballo persoal que se vai reflectir nesta obra que se vai poder ver no Cenima nesta tempada”.
 
Celso Dourado convida a visitar esta mostra que “é unha maneira de meterse na obra dos creadores que temos moi preto de nós. Vai ser moi participada sobre todos polos colexios e vai haber actividades paralelas no entorno de Cenima e en Foz”.
 
O artista sinalou que “no fondo se está a traballar dalgunha maneira en converter o Cenima nunha especie de centro de arte na Mariña, por iso e bo non perder de ollo estes proxectos porque eu penso que tarde ou cedo frutificarán na creación dun gran centro vinculado á arte na nosa Mariña”.