Do 1 ao 24 de abril terá lugar en Lourenzá o Mes do Teatro. Haberá catro espectáculos, un deles para o público infantil.

Do 1 ao 24 de abril terá lugar en Lourenzá o Mes do Teatro. Haberá catro espectáculos, un deles para o público infantil.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá en abril o Mes do Teatro con catro espectáculos. O primeiro será este domingo 3 e o último está programado para o día 24. Todas as representacións empezarán ás oito da tarde. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López.
 
Este domingo, día 3, a compañía teatral do Colectivo Ollomao, de Barreiros, representará a obra titulada Oé, oé, oé. O sábado 9 o grupo infantil Os Faladores, de Lourenzá, ofrecerá A apidemia. O seguinte sábado, día 16, a compañía O Centiño, da parroquia focense de San Martiño, representará O caldeiro máxico. E o ciclo rematará o domingo 24 cun espectáculo de monólogos.
 
Esta iniciativa está organizada pola Asociación Conde Santo, o Concello de Lourenzá e o grupo teatral Os Trangalleiros de Lourenzá.