Do 24 de decembro ao 8 de xaneiro poderase visitar en Alfoz o Castelo de Castrodouro, que xa loce a súa estrela de Nadal, unha das máis grandes de Galicia.

O horario para poder visitar o Castelo de Castrodouro durante o Nadal, dende o 24 de decembro ata o 8 de xaneiro, é de luns a venres de 15:00 a 19:00 horas. Os festivos e fin de semana de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas. Os días de Nadal e Ano Novo permanecerá pechado.
 
O horario de visita o resto do ano é en festivos e fins de semana de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas. Para previa cita chamar ao teléfono 982 558 001.
 
Por outra banda, este ano en que se conmemora o 25 aniversario da colocación por primeira vez da estrela de Nadal que alumea Alfoz, a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo coa axuda do Concello colocou a estrela luminosa que no alto da torre do Castelo de Castrodouro.
 
Esta estrela é unha das máis grandes de Galicia con trece metros de lonxitude e símbolo do Nadal en Alfoz.