Este domingo, 17 de xullo, terá lugar en O Vicedo a Festa do Cabalo. Será no parque eólico de Riobarba.

Este domingo, 17 de xullo, terá lugar en O Vicedo a Festa do Cabalo. Será no parque eólico de Riobarba.
 
O Concello de O Vicedo organiza o domingo, 17 de xullo, a XVIII edición da Festa do Cabalo. Terá lugar no parque eólico de Riobarba, e haberá degustación de produtos típicos e carreiras de cabalos no entorno do parque.
 
O programa desta Festa de Turismo Rural comezará ás 13:00 horas cunha misa na honra de San Vicente de Francos. Ás 14:00 horas terá lugar unha degustación de produtos típicos. Ás 17:00 horas celebrarase un campionato ecuestre e ás 18:30 horas será a entrega de premios. A xornada rematará con baile a partir das 19:30 horas.