Este martes, 26 de xullo, haberá unha nova sesión de cine ao aire libre en Burela. Vaise proxectar a película "Los pingüinos de Madagascar".

Este martes, 26 de xullo, haberá unha nova sesión de cine ao aire libre en Burela. Vaise proxectar a película "Los pingüinos de Madagascar".
 
Mañá, martes, haberá unha nova sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz. 
 
Ás 22:30 horas proxectarase a película Los pingüinos de Madagascar, destinada ao público familiar. 
 
O edil socialista dixo que “aproveitaremos esta nova cita co cine ao aire libre para proxectar tamén as fotos que participaron no concurso da noria xigante, que tivemos hai unhas semanas aquí en Burela. E entregaremos os premios aos gañadores, aos que reuniron máis me gustas nas redes sociais. Faremos entrega do primeiro e do segundo premio”.
 
Díaz anima “a acudir mañá a esta dobre sesión, á proxección da película Los pingüinos de Madagascar e das fotos realizadas desde a noria xigante, da que puidemos gozar en Burela hai un mes”.