Este sábado, 10 de outubro, celébrase a XXVIII Feira do Mel do Valadouro, que organiza a Concellaría de Cultura. Haberá exposición e degustación.

Este sábado, 10 de outubro, celébrase a XXVIII Feira do Mel do Valadouro, que organiza a Concellaría de Cultura. Haberá exposición e degustación.
 
Este ano 2015, a Concellaría de Cultura de O Valadouro liderada por Eduardo Chao, organiza para o vindeiro 10 de Outubro a XXVIII edición Feira do Mel do Valadouro. “Unha cita na que os numerosos produtores do val expoñen e venden o mel que tanto costa conseguir por culpa da invasión das avespas asiáticas. De todos modos, o mel de Valadouro é un dos meles que conseguiu distintos galardóns nas catas de mel de Galicia”, explican desde o Concello. 
Nesta edición, a feira trasládase á rúa Andrés López Palmeiro, entre A Ponte e a praza de Santa María, e onde se van a poder ver preto dun vintena de postos de mel así como de artesanía variada ... 
A partires da media mañá, vaise ofertar ós asistentes cunha degustación de freixós con mel e rematarase a xornada co sorteo dun lote de produtos. A feira abrirase ó público ás 10:00 da mañá.