Este sábado, 24 de outubro, preséntase en Rinlo o Coro da Mariña, que dirixen Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, tras varias semanas buscando voces.

Este sábado, 24 de outubro, preséntase en Rinlo o Coro da Mariña, que dirixen Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, tras varias semanas buscando voces.
 
A compositora e cantora Ugia Pedreira xunto co artista bretón Pierrot Rougier e sua picariña Lua Avel chegaron ao característico pobo de Rinlo e ali falaronlles do desaparecido coro rinlego. Foi entón que amizades da Mariña próximas aos artistas apuxaronnos e animaronnos à idea de que fosen eles quenes promoveran un coro diferente e mixto parar a comarca e occidente de Asturies.        
Recollendo diversos pareceres puxeronse maos a obra, e desde o bon facer e entender da As. O Cantal de Veciños de Rinlo é agora que se abre  a convocatoria de voces para o futuro Coro da Mariña que terá como local de xuntanza  a Escola Vella de Rinlo, a antiga escola indiana.  
Faise pois unha chamada pública a quenes queiran animarse a cantar en grupo, xente com ou sen formación musical, profesionais e amadores, xente de 14 a cento e pico de anos que queiran compartir esta aventura artística carregada de paixon e esencia da zona, xente com distintos gostos musicais. Persoas unidas polo gosto de cantar en colectivo e criar un espazo conxunto para desfrutar da saúde que produce O Cantar. O Coro da Mariña é un espazo heterogeneo, un espazo de diversidade para todos os  mariñaos e mariñanas que atencionará aos gostos eclécticos, as capacidades de cada quen e as necesidades individuais. 
 
A temática do coro terá como fio conducto O mar, a sua poética e  sua cultura, harmonias e melodias que  teñan o mar como fonte de inspiración. Cancións de todos os estilos musicais que sexa do gosto dos integrantes. Desde pop-rock, música popular daqui, do mundo... Cancións en calquer idioma que sexa aceptado polos integrantes podendo dar lugar a traducción cando conveña.  Repertorio variado non suxeito exclusivamente a partitura; técnica, arranxos vocais múltiples, atención á expresividade corporal, á interpretación,  aos xogos vocais ...serán dinámicas a vivir xuntos cantando.  Calquer canción é en principio óptima  para ser arranxada a voces  por Pierrot Rougier e guiada pola técnica e experiencia escénica da Pedreira. Esta idea de coro expansivo como as ondas, adicado ao Mar é única e orixinal pola matriz do seu nascimento, dous artistas que queren viver na sua comarca desde o que son e podem dar e aportar en transparencia á sua comunidade.  Polo tanto, causalmente aunanse como esencia e recordo a imaxe dos festivais de cantos de mariñeiros que ten Bretagne (diferentes pobos bretóns tán “hermanados” com diferentes lugares da Mariña) e que ten Galiza nas suas tabernas e nas suas músicas portuarias, dando forma a un coro mariñeiro único desde o norte da Mariña, mar por medio. 
 
A Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento apoia este encontro de voces desde o  horizonte mariñao porque é unha forma de indagar no pequeno movemento para crear unha grande aprendizaxen invididual e social. Porque o Coro da Mariña propón unha forma de cantar coral libre na voz e no movimento corporal, porque a  arte é saúde. Porque en pensamento e acción este proxecto é continuum da vida mesma dos artistas  sem desenhos de despacho em nome da cultura como etimoloxicamente tiña significado : como o Cultivo.  Porque sabense do que produz a conciencia no desenvolvimento comarcal, na convivéncia social a través da música, na posta en valor do patrimonio interrelacionandoo con outros dando cabida a interxeneracionalidade de forma natural. 
 
Presentación e primeira convocatoria de voces o sábado 24 de outubro na Escola Vella de Rinlo (Concello de Ribadeo) ás 19h.
 
Interesados/as chamar ao tlfe. 627 934368
 
Promove. O Cantal. Asociación de Veciños de Rinlo.
Colabora: Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento. 
 
Adxuntamos canción composta por Pierrot Rougier adicada á sua filla Lua, onde colabora Ugia, canción feita só com voces que tá integrada no libro-disco Gatuxo de Magín Branco. https://www.youtube.com/watch?v=n_Qj2XZOtok
O CORO DA MARIÑA................BUSCA VOCES.
Para quen queira cantar en grupo.
Para quen teña entre 14 e cento e pico de anos.
Para amadores ou profesionais do canto.
Para quen teña ou non formación musical. 
Para quen queira viver unha aventura artística.
Para quen queira desfrutar da saúde do cantar.
Para quen non teña perxuizo de estilo musical ou categoria.
Para quen teña amor polas cancións que inspira o Mar. 
Para quen queira xogar coas posibilidades da voz. 
Para mariñaos, mariñanas e xente do occidente de Asturies.
 
Dirixido polos artistas Ugia Pedreira e Pierrot Rougier. 
 
Presentación e primeira convocatoria de voces o sábado 24 de outubro na Escola Vella de Rinlo (Concello de Ribadeo) ás 19h.
 
Interesados/as chamar ao tlfe. 627 934368
 
Promove. O Cantal. Asociación de Veciños de Rinlo.
Colabora: Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento.