Este sábado, 4 de xullo, celébrase en Barreiros a romería popular de Santo Estevo do Ermo. Alí haberá diversas actividades.

 
Segundo explica o tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, “un ano máis achégase a Romería de Santo Estevo do Ermo e desde o Concello queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Barreiros e de toda A Mariña a participar nesta cita. Teremos rutas a pé, misa e procesión, sesión vermú, xogos infantís, torneo de tute e actuación musical”. 
Gómez Puente engade que “a paraxe de Santo Estevo do Ermo é natureza pura e cun grande encanto, que o converte nun lugar idóneo para relaxarse e empaparse da súa maxia. E non poden faltar, como en toda romería que se prece, a costume de xantar en familia e entre amigos ao aire libre”. 
A Romería Popular de Santo Estevo do Ermo está organizada polos veciños de Barreiros e polo Concello.