Baristas

Etiquetas:
08/02/2018

Hoxe tivo lugar no Instituto de Educación Secundaria de Foz a presentación do XI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería no que participarán 18 centros de Galicia, Asturias, Cantabria, Vitoria, Castela-León e París. Tamén se celebrará o VI Campionato de Baristas Profesionais e o VI Campionato de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería. A cita terá lugar do 21 ao 23 deste mes.

Na presentación o director do IES de Foz, Nicolás Asensio, quixo “en primer lugar agradecer el trabajo del departamento de Hostelería, de los alumnos y en concreto de los dos que van a participar representándolo, y a las administraciones implicadas. Tenemos entre nosotros al alcalde de Foz, con quien mantenemos una colaboración año tras año para poder celebrar este campeonato. Quiero destacar la labor de Pepe Ríos, que es el coordinador del...

leer más
Etiquetas:
30/01/2018

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dos campionatos de baristas que celebrará o IES de Foz entre os días 21 e 23 de febreiro.

Trátase da undécima edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, e da sexta edición tanto do Campionato Internacional de Cata de Cafés das Escolas de Hostalería como do  Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, o director do centro, Nicolás Asensio, e o profesor encargado da coordinación dos certames, José Ríos, entre outros.

Etiquetas:
26/01/2018

A décimo primeira edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, que organiza cada ano o Instituto de Educación Secundaria (IES de Foz) celebrarase nesta ocasión do 21 ao 23 de febreiro. Este evento será presentado en Lugo o vindeiro martes, día 30 deste mes, e na vila focense o 8 de febreiro.

O director do IES focense, Nicolás Asensio, anunciou hoxe que a presentación na capital da provincia desenvolverase no edificio administrativo da Xunta de Galicia o vindeiro martes, día 30, ás doce do mediodía e incluirá unha demostración barista e degustación de cafés, actividades que tamén haberá no acto que se celebrará en Foz o 8 de febreiro, xoves. 

Para a organización do décimo primeiro Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería o IES focense conta coa colaboración da...

leer más
Etiquetas:
09/02/2017

Esta mañá foi presentado o X Campionato Internacional de Baristas do IES de Foz, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de febreiro. Durante o acto, no que participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, tivo lugar unha cata de cafés. O rexedor subliñou a importancia para o municipio deste evento e doutras iniciativas que organiza este centro educativo. 
Javier Castiñeira sinalou que “segue a ser un orgullo toda a actividade que se fai no IES de Foz, pero especialmente estas iniciativas encamiñadas a promocionar aos seus alumnos e a mellorar a súa competencia”.

Para o rexedor focense o X Campionato Internacional de Baristas “é un evento xa consolidado, coñecido en toda a nosa autonomía e noutras veciñas. Cada vez está a coller máis auxe, mellora a competitividade dos seus alumnos e tamén doutros profesionais”. E engadiu: “desde o...

leer más
Etiquetas:
16/02/2016
O IES de Foz acolle do 16 ao 18 de febreiro o IX Campionato Internacional de Baristas de Escuelas de Hostelería e o IV Campionato Internacional de Baristas Profesionais.
 
O Ies de Foz acolle do 16 ao 18 de febreiro o IX Campionato Internacional de Baristas de Escuelas de Hostelería, o IV Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escuelas de Hostelería e o IV Campionato Internacional de Baristas Profesionais 2016. 
 
A Fundación TIC, entidade dependente da Deputación, emitirá un ano máis por streamingos tres días de celebración dos campionatos de baristas organizados polo IES de Foz, que se desenvolven na localidade mariñá esta semana, do 16 ao 18 de febreiro.
 
A emisión en directo é posible grazas ao convenio entre a TIC e o IES de Foz, unha das máis de 150 entidades ou asociacións coas que colabora a Fundación. Deste...
leer más