Cenima

Etiquetas:
14/09/2015
O ciclo Cinema no Cenima de Foz volve este xoves, día 17, coa proxección da película "O ouro do tempo".
 
O ciclo Cinema no Cenima de Foz volve este xoves, 17 de setembro, ás 20:30 horas coa proxección da película O ouro do tempo (The value of time), de Xabier Bermúdez. O filme reúne a actores como Ernesto Chao, Nerea Barros, Manuel Cortés ou Marta Larralde. 
A apertura da taquilla efectuarase ás 20 horas e o prezo da entrada será de 3 euros. A proxección forma parte do programa Cinemas de Galicia, do Agadic. 
 
Etiquetas:
14/08/2015
No Cenima de Foz pódese ver unha exposición colectiva de cerámica contemporánea ata o 15 de setembro. A mostra abriu as súas portas a mediados do pasado mes de agosto.
 
Este domingo, día 16, ás 12 do mediodía na sala de exposicións do Cenima de Foz será inaugurada unha mostra colectiva de cerámica contemporánea titulada Ceramic Suite, que estará aberta ao público ata o día 15 de setembro.
O horario de visitas da sala é de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas de luns a sábado.
 
Etiquetas:
29/07/2015
O Cenima de Foz albergará dúas exposicións durante o mes de agosto.
 
A Delegación de Cultura do Concello de Foz anunciou o programa de mostras que acollerá a sala de exposicións do Cenima neste vindeiro mes de agosto e as dúas primeiras semanas de setembro. A primeira delas, de Enno Paulusma, é unha mostra pictórica que estará aberta aos visitantes entre o día 1 e o 14 deste mes. A segunda, titulada Ceramic Suite, é unha exposición colectiva de cerámica contemporánea que se inaugurará o 16 de agosto e estará aberta até o 15 de setembro.
O horario da sala de exposicións do Cenima é 11 a 14 horas e de 15 a 20 horas de luns a sábados.
 
Etiquetas:
14/07/2015
Ata o 31 de xullo poderase ver no Cenima, en Foz, a exposición "Peixes de tinta e barro". Trátase dun conxunto de pezas de cerámica e gravados de tres artistas.
 
No Centro de Interpretación da Mariña (Cenima), de Foz, será inaugurada mañá, mércores, día 15 de xullo, ás 18:30 horas unha exposición titulada Peixes de tinta e barro. 
A mostra, que estará situada na Sala de Exposicións do Cenima, trátase dun conxunto de pezas de cerámica e gravados monotipos de Ana Fuentes, Esteban Bernárdez e Esteban Fuentes. E estará aberta ao público ata o 31 de xullo.
 

 

Etiquetas:
15/05/2015
Os días 25 e 28 de maio impartiranse os primeiros cursos na Mariña lucense da Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
 
Os días 25 e 28 de maio terán lugar no Cenima, en Foz, os cursos de atención ao cliente en hostalería e atención ao cliente con discapacidade, que impartirá a Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia para os restaurantes e bares da Mariña.
O curso de  atención ao cliente con discapacidade está destinado a persoal en contacto cos clientes e xerentes de establecementos hostaleiros. Estudaranse tipoloxías de discapacidades, consecuencias e pautas de atención a clientes con necesidades especiais no entorno dos negocios  hostaleiros. Este curso celebrarase o 25 de maio en horario de tarde de 16 a 20 horas. 
Pola súa banda o curso de atención ao cliente en hostalería está destinado a persoal de...
leer más
Etiquetas:
28/04/2015
Volve o cinema no Cenima de Foz este xoves, 30 de abril. Tamén haberá proxeccións de películas o 14 de maio e o 18 de xuño.
 
A segunda parte da iniciativa Cinema no Cenima de Foz empeza este xoves, día 30, e continuará o 14 de maio e o 18 de xuño.
O concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo Soto, explicou que “no Concello de Foz seguimos este trimestre co Cinema no Cenima, coa proxección de tres novas películas: a primeira será este xoves, 30 de abril, e titúlase 10.000 quilómetros, un filme que foi un dos máis votados cando se puxo a lista de películas na páxina web do Concello e é un drama que conta a historia dunha parella que fai plans para ter un fillo pero por cuestións dunha beca vense separados, un en Barcelona e o outro en Estados Unidos, e manteñen unha relación á distancia de 10.000 quilómetros durante un ano; este filme obtivo varios premios nacionais e internacionais e foi un dos...
leer más
Etiquetas:
10/12/2014
O Concello de Foz presentou o programa Cinema no Cenima, co que proxectará tres películas neste mes de decembro na vila.

 

O Concello de Foz presentou hoxe o seu programa de proxeccións de cine Cinema no Cenima, que se levará a cabo neste mes de decembro, grazas ao apoio da Consellería de Cultura. En total proxectaranse tres películas no edificio do Cenima de Foz. A primeira será Encallados, este mesmo xoves, 11 de decembro, ás 20:30 horas. A segunda será o film francés Le Week-end, o xoves 18 de decembro ás 20:30 horas. E a terceira irá destinada aos máis pequenos e proxectarase o venres 26 de decembro ás 18:30 horas. Trátase da película de animación A tropa de trapo na selva do arco da vella. As entradas terán un custo de 3 euros e poderán adquirirse no propio Cenima de Foz dende media hora antes do inicio da proxección. Con esta iniciativa, o Concello de Foz convértese nun dos catro municipios galegos seleccionados pola Xunta de...

leer más