A Devesa
O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá un concerto performance a cargo de Auga Menacho e David Bellas o día 14 de febreiro, venres, ás 21:00 horas.
Esta actividade está organizada pola asociación cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “o primeiro evento deste 2025 é un concerto-performance de David Bellas e Agua Menacho, dous mariñáns que de seguro van sorprendernos. Para ir facendo boca un pequeno adianto: Isorritmias (2025). Musical performance. A isorritmia é unha técnica de composición desenvolta a partir do século XIII e en uso ata o século XV. Consiste no uso repetitivo de patróns rítmicos e/ou melódicos. Neste caso baixo a óptica dos métodos de composición/improvisación dos séculos XX e XXI levados ao vehículo da gaita de fole. Quero ser unha vaca: Unha muller camiñando. Unha cidade....
leer másAs instalacións do Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez, máis coñecido como Pimpelo, desde este venres, día 10 de xaneiro, ata o domingo 12.
A mostra, titulada A miña terra, poderá visitarse os tres días de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00.
O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acolle este venres, día 13 de decembro, ás 20:30 horas un concerto dos grupos musicais Lora Hace Pam e Kornucopia.
Lora Hace Pam e un grupo punk formado por músicos de Foz e Lugo, mentres que Kornucopia é unha formación ribadense de folk e rock
O prezo da entrada é de 10 euros, que se vende anticipadamente en Libraría Bahía, en Foz e Ribadeo.
Este concerto está organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e colabora o Círculo Habanero da Devesa.
O quinto Baile da Travesía, organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e MOV, terá lugar no Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, este venres, 14 de xuño, a partir das 20:30 horas.
Neste evento musical participarán grupos das asociacións ACM Arume, de Burela; AC A Chocolateira, da Pontenova, e Tarabeleir@s Amigos da Gaita, de Ribadeo.
Nesta actividade colabora o Círculo Habanero da Devesa e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo, acollerá o día 1 de maio, mércores, unha xornada de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta. É unha iniciativa titulada Maleducadas, que está organizada pola Asociación Cultural a Tribo da Travesía e MOV, coa colaboración do Círculo Habanero da Devesa e Mialma Producióis.
Será a partir das 19:30 horas e participarán Marina Oural (idea orixinal, voz, poema e escolma de textos), Chefa Alonso (saxo soprano, percusión, composición e improvisación) e Nacho Muñoz (piano, electrónica, composición e improvisación).
Ás 21:00 horas haberá unha Jam Session aberta a todas as artes e capacidades.
O prezo da entrada é de 10 euros.
A asociación cultural A Tribo da Travesía organiza o IV Baile da Travesía que se celebrará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este venres, 19 de abril, a partir das 20:30 horas.
Actuarán os grupos Oreya y media, SCR Ledicia e Os pandereteiros do inferno.








