Domingos

Etiquetas:
25/06/2015
O 28 de xuño arrinca unha nova edición do "Mercado dos Domingos" en Ribadeo. En 12 postos atoparemos produtos da horta local e artesáns.
 
O 28 de xuño arrinca unha nova edición do Mercado dos domingos, que organizan o Concello e a asociación A Sucadoira. En doce postos situados a carón da praza de abastos o consumidor poderá atopar produtos da horta de Ribadeo e tamén artesáns coma conservas, queixos, embutidos ou pan, entre outros. Todos os domingos ata finais de setembro terá lugar esta cita. A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, anima a acudir ao Mercado dos domingos. 
A edil nacionalista explicou que “o próximo domingo, 28 de xuño, coma cada domingo na tempada estival arrinca o Mercado dos domingos en Ribadeo traéndonos os mellores produtos da nosa horta, unha explosión de sabor e de calidade dentro do que é o local, de produtos sacados directamente da terra para poder degustalos nas...
leer más