Espiñeira

Etiquetas:
09/10/2023

A localidade focega de A Espiñeira celebra as festas na honra da Virxe do Pilar os días 11 e 12 de outubro, mércores e xoves.

O mércores a partir das 22:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Saudade e a disco móbil Eventec co DJ Cosme. Sortearase un agasallo valorado en 150 euros.

E o xoves a partir das 12:00 celebrarase misa solemne e procesión amenizada pola Banda Municipal de Música de Foz. E a continuación, sesión vermú prolongada a cargo do grupo Kalima 3.0.

No recinto da festa haberá carpa.

Etiquetas:
13/06/2023

O Concello de Foz organiza a tradicional Feira da Espiñeira este domingo, 18 de xuño. Nesta ocasión conta coa colaboración da asociación cultural Virxe do Pilar e de O Noso Foz.

A concelleira de Cultura en funcións, Inés López Couto, explica que “a feira da Espiñeira ten unha longa tradición e nos últimos anos vense celebrando o terceiro domingo de xuño. O Campo da Feira da Espiñeira e os terreos do arredor serán ocupados por cabalos e outros animais que poderán ser visitados a partir das 10 da mañá. Ás 12 horas a agrupación folclórica A Subela realizará un pasarrúas con actuación final no Campo da Feira. A partir das 13 horas será tempo de sesión vermú amenizada por Puzzle Animación. Poderá degustarse pulpo grazas a Pulpería Loureiro. A participación na feira conta con premios como miss vaca e míster toro ou ao animal máis engalanado,...

leer más