Horta

Etiquetas:
20/06/2016
Ourelo organiza o obradoiro "Da horta á alacena". O primeiro dos talleres será o 4 de xullo no edificio multiusos de Ourol.
 
O grupo de moz@s Ourelo organiza o obradoiro Da Horta á Alacena. A actividade está composta por tres talleres e o primeiro leva por título Mellorando o de sempre. Nel se abordarán os diferentes tipos de horto, ecolóxico e tradicional, e os participantes aprenderán novos xeitos de cultivo a través do cambio a produtos naturais á vez que se incentiva o emprego de semente ecolóxica. Ademais se falará dos elementos que axudan a acelerar o proceso tradicional.
 
Este obradoiro é totalmente gratuíto e está aberto a todo o público que desexe asistir. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño no teléfono 982 55 90 19. Terá lugar o 4 de xullo no edificio multiusos de Ourol.
... leer más
Etiquetas:
24/09/2015
O 27 de setembro celébrase en Ribadeo a XIV Feira da Horta. Haberá venta de produtos, degustacións, obradoiros e música.
 
O entorno da praza de abastos de Ribadeo acollerá este domingo, día 27 de setembro, a XIV edición da Feira da Horta, na que haberá venta de produtos, degustación, unha charla, un obradoiro de agricultura ecolóxica para nenos e nenas, música e outras actividades. Foi presentada hoxe e tanto as representantes da asociación de produtores de horta A Sucadoira como a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, comentaron que é necesaria a creación dunha empresa para transformar os excedentes que teñen os agricultores do colectivo.
Ana Martínez empezou explicando que “como cada ano, o derradeiro domingo do mes de setembro, como colofón a unha excelente tempada de horta, que se ve exaltada cada domingo de verán co mercado que se celebra ese día, en colaboración coa...
leer más