Real

Etiquetas:
03/01/2020

ACISA Ribadeo organiza a visita do carteiro real que estará este sábado, 4 de xaneiro, na carpa instalada no parque San Francisco. Os nenos e nenas ribadenses poderán falar con el, facer fotos, e contarlle como agardan a chegada dos Reis Magos de Oriente entre as 12:00 e as 14:00 horas pola mañá e pola tarde de 17:00 a 20:00 horas.

Desde a directiva de ACISA animan “aos papás e ás mamás a que leven mañá ás súas fillas e fillos a ver ao carteiro real, xa que estará encantado de recibilos e de escoitalos a todos”.

Por outra banda, ACISA segue coa súa campaña de Nadal e os establecementos asociados aínda teñen a disposición dos seus clientes as rifas para a Festa do Comercio, que se celebrará o día 11 de xaneiro. En total estanse a distribuír 200.000 rifas.

O 11 de xaneiro terá lugar o...

leer más
Etiquetas:
02/01/2019

Un carteiro real recollerá durante mañá, 3 de xaneiro, e o venres, día 4, as cartas e debuxos que lle entreguen os nenos e nenas para participar no concurso Queridos Reis Magos.

No certame poderán participar todos os nenos e nenas que o desexen con idades comprendidas entre 0 e 12 anos. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos animan aos nenos e nenas a participar nesta cita e a levar as súas cartas e debuxos ao carteiro real que estará os 3 e 4 de xaneiro no Teatro, en horario de 12:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes.

Cada participante deberá entregar o seu debuxo ou carta orixinal realizado con calquera material ou técnica. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4 o DIN A3. Para identificar os traballos terán que levar escrito o nome do...

leer más