tiro olímpico
Esta próxima fin de semana, sábado 25 e domingo 26 de abril, disputarase o segundo Gran Premio Faba de Ouro de tiro olímpico, evento organizado polo Real Aeroclub de Tiro Olímpico de Lugo e que conta coa colaboración do Concello de Lourenzá. Esta proba celebrarase na galería de tiro do Real Aeroclub de Lugo e reunirá a algúns dos mellores tiradores de Galicia, Asturias e Castela e León. Haberá máis de 60 participantes, dos que unha decena son veciños de Lourenzá, e “ten unha gran repercusión dentro dos campionatos de tiro en Galicia”, destaca a organización. A entrega de trofeos farase o domingo no Pazo de Tovar (Lourenzá), onde os participantes se xuntarán nunha comida na que se degustará faba de Lourenzá. Neste acto está prevista a presenza da alcaldesa, Rocío López.
A organización da II Tirada da Faba de Ouro destaca o apoio do Concello...
leer más



