Foz acollerá o IX Campus de Verán de Patinaxe Artística do 27 de xuño ao 1 de xullo. Contará con 80 participantes.

Foz acollerá o IX Campus de Verán de Patinaxe Artística do 27 de xuño ao 1 de xullo. Contará con 80 participantes.
 
Foz acollerá a novena edición do Campus de Verán de Patinaxe Artística que se celebrará desde o vindeiro luns, día 27, ata o 1 de xullo e contará con 80 participantes. Este evento foi presentado pola concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González; a directora do campus, Rebeca Díaz, e o presidente da asociación Escolas do Deporte, Ibán García.
 
O campus, no que haberá participantes a partir de 4 anos de idade, será de iniciación e perfeccionamento e desenvolverase en horario de 10:30 a 19:30 horas.
 
Está organizado pola asociación Escolas do Deporte e o Concello de Foz e ademais de actividades específicas de patinaxe ofrece tamén outras complementarias lúdicas e recreativas, para que os participantes gocen das praias, de animación e de excursións culturais.