Galipizza premia as compras na Mariña lucense coa súa campaña "Facendo Co-Mar-Ca". Faino a través dos seus locais en Viveiro e Ribadeo.

Galipizza premia as compras na Mariña lucense coa súa campaña "Facendo Co-Mar-Ca". Faino a través dos seus locais en Viveiro e Ribadeo.
 
O grupo hostaleiro Galipizza&cia, coa súa campaña “Facendo Co-Mar-Ca”, premia as compras realizadas en todo tipo de comercios da Mariña Lucense a través dos seus locais en Viveiro e Ribadeo.
A empresa invita ós seus clientes a participar depositando en calquera momento os seus tickets de compra nas urnas ubicadas en Galipizza Ribadeo e Viveiro, así como en As Tixolas e Dékada, tamén en Covas. 
Ó final de cada mes escóllese por sorteo un ticket en Viveiro e outro en Ribadeo, e o premiado recibirá un cheque polo importe do ticket seleccionado. Galipizza ven de realizar o sorteo do mes de maio, e os premiados foron Juan Manuel Rego Rivas, con un ticket de compra de 187,35€ en Erosky Center Viveiro, e Enrique Rocha, cunha compra de 190,92€ en Pinturas Monto de Ribadeo. Simplemente por ser clientes de Galipizza viron recompensadas as súas compras no comercio da Mariña.
Deste xeito o Grupo Galipizza quere poñer en valor o comercio da comarca da que é orixinaria, apostando por un CO-mercio na MAR-iña de CA-lidade.