"Impreuna", o espectáculo de novo circo de Pistacatro este sábado, 16 de abril, en Viveiro.

"Impreuna", o espectáculo de novo circo de Pistacatro este sábado, 16 de abril, en Viveiro.
 
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 16 de abril, ás 20:30 horas, o espectáculo de novo circo "Impreuna" que pon en escena Pistacatro.
 
Trátase dun espectáculo mergullado íntegramente nos códigos artísticos do circo con malabares, acrobacias e clowns, sen renunciar á fusión con outras artes como a danza, o teatro físico e a comedia. A función descubre ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de sete artistas.
 
Cunha duración dunha hora está dirixido a un público adulto.