Mariña Patrimonio organiza un roteiro pola Fraga das Vigas, entre Alfoz e Abadín. Será o 5 de xullo. A inscrición está aberta.

Mariña Patrimonio organiza un roteiro pola Fraga das Vigas, entre Alfoz e Abadín. Será o 5 de xullo. A inscrición está aberta.
 
Mariña Patrimonio retoma os roteiros polas fragas da contorna dentro da campaña Cousa de Raíces, promovida por ADEGA, para a posta en valor e o recoñecemento do bosque autóctono.
“O próximo 5 de xullo, domingo, imos facer un fermoso percorrido entre os concellos de Alfoz e Abadín; trátase da Fraga das Vigas, formada pola cabeceira do río de Figueiras, que desemboca no Masma en Viloalle. O roteiro, de dificultade baixa e cun percorrido aproximado de 8 – 10 km, ten un atractivo engadido pola coincidencia coa colleita de arandos deste ano. Ao longo desta caminata ímonos atopar con abondosas arandeiras , que nos permitirán gozar dos seus gorentosos froitos”, explican desde a organización.
O punto de encontro será no Frenazo, en Alfoz, ás 10:30 horas. “Dende alí, organizarémonos para levar os menos coches posibles até a Fraga Vella, onde arrancará a camiñata. Os/as participantes neste roteiro levarán a súa comida e o regreso será a media tarde. O prezo da actividade é de 3 € para os/as socios/as e de 5 € para os/as non socios/as”, engaden.
Para máis información e para apuntarse contactar no teléfono 619553236 .Miguel Vizoso ou no correo mr.patrimonio@gmail.com