No IES de Foz impartiranse varios cursos en novembro destinados ao sector hostaleiro da comarca. Están organizados pola Mancomunidade e a FCAM coa colaboración deste centro de ensino.

No IES de Foz impartiranse varios cursos en novembro destinados ao sector hostaleiro da comarca. Están organizados pola Mancomunidade e a FCAM coa colaboración deste centro de ensino.
 
A Mancomunidade de Municipios da Mariña, a Federación de Comercio A Mariña e os IES de Foz, a través da súa Escola de Hostalería, organizan varios cursos de Formación e mellora na restauración, destinados aos hostaleiros da comarca que comezarán a impartirse o vindeiro mes de novembro nas instalacións do centro. Foi no IES de Foz onte se presentou a programación a hostaleiros, a responsables das Acias da comarca e aos medios de comunicación. 
 
O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, dixo que “pensamos que é unha actividade moi bonito e moi boa, será interesante e importante e vai dar o seu resultado e vai ter a súa connotación aquí na comarca da Mariña. A través da Mancomunidade, do IES de Foz e da Federación de Comercio A Mariña levamos adiante esta iniciativa co único propósito de mellorar o servizo de restauración e de hostalería en toda a comarca. Todo aquilo que poidan aportar a Mancomunidade, a Federación mais o IES de Foz en mellorar esa posibilidade enorme que poden ter os restauradores e os hostaleiros aquí no nosa comarca para ofrecer un nivel maior do que se está a dar aquí agora sería moi interesante”.
 
Llano manifestou: “queremos comezar ocupándonos da presentación das cartas nos restaurantes. Parece que é unha cousa menor, pero é moi importante porque é o primeiro que vemos cando imos a un restaurante e trata de identificar aquilo que máis lle gusta nesa carta. E tamén hai que entender o que se di nesa carta, por iso os idiomas son tan importantes, sobre todo despois do vivido este verán pasado, e teño a apreciación persoal de que vai ser unha constante a partir de agora na comarca da Mariña, que o número de visitante vai ir a máis. Esas cartas deberán estar en varios idiomas como inglés ou francés, en castelán e en galego”.
 
O presidente da Mancomunidade engadiu que “o que pretendemos desde a Mancomunidade é darlle sentido a todo isto e agrupar aos 16 concellos da Mariña,  fortalecer a nosa oferta e que isto sexa un destino turístico importante durante todo o ano e non só durante o verán”.
 
Pola súa banda, o presidente da Federación de Comercio A Mariña, Ramón Leivas, explicou que “estamos aquí reunidos porque cremos que temos una escola fenomenal de formación de profesionais de hostalería e sinceramente penso que todos podemos aproveitarnos diso. Este verán eu sentía que non había camareiros na zona, cando aquí se están a formar continuamente, entón algo pasa. Pensamos que si formamos aquí o persoal o normal é que teñan acceso a traballar nesta zona, a ser posible. Coas ideas que temos nós e coas que nos podedes aportar vós, que serán moito máis importantes que as nosas seguramente, podemos facer moitas cousas”.
 
Leivas indicou que “o que queremos é intentar chegar a unha colaboración e que nos digades aqueles cursos prácticos que podedes necesitar para os vosos camareiros co obxectivo de que saiban servir mellor, que nos digades as horas das que dispoñedes, a formación que pode necesitar algún persoal de cociña… no verán estamos inundados, pero queremos dar o mellor servizo, ao igual que o resto do ano. Estamos organizando diferentes iniciativas, coma as xornadas que tivemos a pasada fin de semana en Foz e nas que contamos coa presenza de tres periodistas en Foz e que en breve teremos en Viveiro, co obxectivo de que falen de nós. Si entrades nas súas páxinas web ou nos seus perfís nas redes sociais veredes que estes días estiveron a falar e moito da Mariña. Queremos darlle un auxe ás cousas que temos e que realmente non explotamos”. 
 
Nicolás Asensio, o director do IES de Foz, dixo que “este programa de actividades es el resultado de muchas reuniones con todos los sectores: de la Mancomunidad, de Educación, de la Federación de Comercio, … Hemos plasmado lo que nosotros pensamos que puede ser un inicio, pero estamos abiertos a todo lo que queráis ofrecer y vamos a arrancar con estas pequeñas actividades. Están pensadas para que se adapten a los horarios difíciles que tenemos todos, a las necesidades vuestras y a las del centro. Son de muy corta duración, muy concentradas e intentamos que saquéis algo positivo, que todo el mundo marche con algo que le valga para al día siguiente ponerlo en práctica”.
 
Asensio contou que “el primer curso, de diseño y marketing de cartas de hostelería, es para 20 personas aproximadamente, de seis horas en tres jornadas, que están bastante separadas porque la idea es que se pueda llevar a la práctica entre una jornada y otra, se pueda ir plasmando en lo que cada uno tenéis en vuestros locales sobre este tema. Lo va a impartir una profesora del IES de Foz que se llama Leticia Maseda y es licenciada en Turismo. El segundo curso cambia la forma de impartirse. Son también 20 plazas, pero vamos a trabajar en pequeños talleres y pensad en el lujo que va a ser para un grupo de 5 personas tener a 3 profesores especialistas en idiomas, alguno de ellos nativo, para colaborar con ellos y así poner las cartas en diferentes idiomas. Le hemos incorporado, para que no se pierda el contacto, una hora telemática, porque puedan surgir dudas y consultas, que queráis hacer. Es un taller que tendrá cuatro ediciones y de cada una de ellas tiene que salir una carta traducida en inglés, francés, castellano y gallego. Estamos abiertos a seguir trabajando en este tema si pensáis que es importante. Comentábamos con el departamento de Lenguas que se ha optado por traducir cartas, que se puede trabajar con los encargados de sala para pequeñas nociones de cara a atender a la clientela, inglés orientado a fines turísticos, … ahí tenemos bastantes posibilidades dentro del departamento”.
 
O director do IES de Foz engadiu que “ell siguiente curso es una formación en la elaboración de tapas, que van a impartir dos cocineros muy reconocidos, Kike Piñeiro y Eloy Cancela, de A Horta do Obradoiro. Vamos a diseñar dos actividades diferentes: una para un grupo en torno a 20 personas, que va a ser en un aula cocina demostración, donde ellos van a mostrar técnicas y lanzar ideas; y otro más pequeño, que va a ser en las instalaciones del centro, elaborando cada uno de vosotros lo que queráis, trabajando directamente en las cocinas. Y a partir de ahí estamos abiertos a todo lo que se proponga. Si no tenemos nosotros al especialista podemos buscarlo para que lo imparta. Tenemos previsto algo sobre el jamón de porco celta, para lo que hemos contactado con la Asociación de Productores de Porco Celta, de Lugo, que colabora habitualmente con nosotros en distintos eventos, y con Estrella Galicia, que tiene un departamento de cultura de la cerveza que también colabora habitualmente con nosotros e igual que trabaja con los alumnos puede hacerlo con vosotros en las instalaciones del centro”.
 
E finalmente o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, como anfitrión da xornada sinalou que “esta me parece unha actividade tremendamente positiva, xa non só pola repercusión na formación senón polo significado que ten que estamos tanto administracións, coma profesores, como hostaleiros e empresarios… que esteamos todos xuntos traballando na mellora colectiva, traballando na marca A Mariña. Antes falabamos de que estamos a vivir momentos moi bos, case impensables hai uns anos, de afluencia de turismo e iso ven a que A Mariña se foi descubrindo e se foi promocionando, pero iso non chega. Agora temos que mellorar moito na nosa calidade, en xeral. Agora estamos observados e necesitamos dar un plus de calidade. Por exemplo non pode ser que unha persoa veña unha fin de semana e vaia tomar dez cervexas e que seis, cinco o u catro estean mal tiradas. Pasa o mesmo coas cartas e con outros pequenos detalles”.
 
O rexedor quixo felicitar “á Mancomunidade, a todos os que puxeron o seu gran de area. Penso que se están a evitar os localismos cada vez máis, eu valoro moito a marca A Mariña, que é un xeodestino marabilloso onde temos moitas cousas que ensinar e os pobos por si sos somos moi pequenos para saciar ao turista durante moitos días. Hai que traballar unidos pola marca A Mariña, doulle a noraboa ao presidente da Mancomunidade porque segue a liña que tivo nos últimos anos o seu antecesor. Estamos dentro dun programa de xeodestinos de Turismo de Galicia que nos fai focalizalos na nosa comarca como un valor importante. Estou moi orgulloso do IES de Foz, da Escola de Hostalería, para min é unha das mellores institucións que ten o noso pobo por criterio propio, porque fan cousas moi boas e esta é unha delas, brindarse a administracións e hostaleiros para mellorar a calidade que imos dar por aí por fora. Que saibades que en cada cousa que se fai fora nos sentimos todos representados, igual que vos pasa a vós que cada cousa que facemos desde as administracións ou desde as cabezas visibles vós vos sentides representados. Entre todos temos que facer esa marca da Mariña e conservar ese prestixio, que de momento temos intacto”. 
 
Os hostaleiros interesados en obter máis información e en inscribirse nestes cursos poden facelo nos correos: amarinafederacionlugo@gmail.com, turismo@amarinalucense.gal ou no teléfono 634 753 812. 
 
O acto de presentación rematou cunha degustación de tapas elaboradas polos alumnos e alumnas da Escola de Hostalería do IES de Foz.